martes, 24 de novembro de 2015
Presentación informática
http://es.slideshare.net/marti141100/informtica-55477319presentacion informática
mércores, 4 de novembro de 2015
A Universidade de Vigo participa nun proxecto para desviar un asteroide da súa órbita
Aqui vos poño unha entrada sobre astronomía no que participa a Universidade de Vigo porque hoxe 4 de novembro celébrase a VI edición do dia da ciencia en galego.
A Agrupación Aeroespacial asina un contrato coa ESA para traballar na misión que en 2021 impactará contra un planetoide.
A Agrupación Aeroespacial asina un contrato coa ESA para traballar na misión que en 2021 impactará contra un planetoide.
Novo feito histórico para a Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo. O equipo coordinado polo profesor Fernando Aguado acaba de asinar un contrato coa Axencia Espacial Europea (ESA) para formar parte de AIM (Asteroid Impact Mission), o primeiro programa sobre defensa espacial da ESA. Trátase dunha misión tecnolóxica ideada para poñer a proba unha técnica de desviación dun asteroide coñecida como impactador cinético e para levar a cabo tarefas de investigación do propio planetoide. En outubro de 2020 lanzarase un pequeno satélite para estudar de preto o asteroide binario Didymos. Con 700 quilos de peso, levará no seu interior dous pequenos satélites de tres unidades de cubesat e varios experimentos para realizar mapas en 3D, incluído un cun sistema que se posará na superficie da lúa do asteroide para tomar mostras e fotografías da superficie, o MASCOT-2.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)